miércoles, 26 de septiembre de 2012

LIQEN no DESORDES CREATIVAS 2012



Galego:

Logo da súa última visita ao DesOrdes en 2010, Liqen volta a Galiza despois dun periplo de cor por medio mundo: México D.F., Chiapas, Miami, Tokyo, Hiroshima, New York, Berlin, London, Madrid, Ilhas Azores e agora de novo, Ordes!
Na nosa humilde opinión, Liqen é hoxe por hoxe un dos artistas urbanos máis influíntes e orixinais do panorama internacional e así o demostra a calidade da súa obra en canto a contidos, estilo e técnica.
Mestre da liña e da cor,o seu traballo amosa de principio a fin unha capacidade apabullante de inventiva e manipulación da realidade. Cun nivel de coñecemento experto en bioloxía; fauna, flora, tecnoloxía e ciencia ficción homeopática converxen nun torrente de mutacións morfolóxicas que dan lugar a conceptos e mensaxes complexos, cargados de significantes profundos e cruciais no devenir do ser humano.
Nesta ocasión, este ser sensible e complexo, a medio camiño entre fungo e alga, medrou de novo nas paredes do desordes para facer brotar outra impactante e concienzuda metáfora visual.
Algúns pensarán: estes barren pa casa! Pero non amigos, non somos nós os que barremos…

Máis info:
http://liqen.org/

Fotos por:
aiGi boGa photoGraphy & Mutante Creativo


----------------------------------------------------------------------------------------------

Castellano:

Después de su última visita al DesOrdes en 2010, Liqen vuelve a Galiza despues de un periplo de color por medio mundo: México D.F., Chiapas, Miami, Tokyo, Hiroshima, New York, Berlin, London, Madrid, Ilhas Azores y ahora de nuevo, Ordes!
En nuestra humilde opinión, Liqen es hoy por hoy uno de los artistas urbanos más influyentes y originales del panorama internacional y así lo demuestra la calidad de su obra en cuanto a contenidos, estilo y técnica.
Maestro de la linea y del color, su trabajo muestra de principio a fin una capacidad apabullante de inventiva y manipulación de la realidad. Con un nivel de conocimiento experto en biología; fauna, flora, tecnología y ciencia ficción homeopática convergen en un torrente de mutaciones morfológicas que dan lugar a conceptos y mensajes complejos, cargados de significantes profundos y cruciales en el devenir del ser humano.
En esta ocasión, este ser sensible, escurridizo y complejo, a medio camino entre hongo y alga, creció de nuevo en las paredes del desordes para hacer brotar otra impactante y concienzuda metáfora visual.
Algunos pensarán: estos barren pa casa! Pero no amigos, no somos nosotros los que barremos…


Más info:
http://liqen.org/

Fotos por:
aiGi boGa photoGraphy & Mutante Creativo



 
 


 

 













No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada