jueves, 27 de julio de 2017

MASTER CLASS de SEKONE ( O Realismo no Graffiti )


Está aberto o prazo de inscrición pra a  MASTER CLASS de SEKONE ( O Realismo no Graffiti ) que terá lugar durante o vindeiro DesOrdes Creativas 2017, durante os días 9 e 10 de agosto.
Lee aquí toda a información ao respecto e segue as instruccións pra apuntarte:

Info:
Miguel Ruiz Díaz a.k.a. Sekone, artista multidisciplinar a cabalo entre o debuxo, a pintura, o deseño gráfico e o muralismo. A súa permanente curiosidade empúrrao a explorar diversos medios pictóricos, o que dá como resultado unha obsesión polo coidado do detalle e o perfeccionamento da técnica, saltando dun medio a outro e creando un discurso que bebe a partes iguais da nostalxia, o absurdo, o cotiá e a súa propia intimidade vital e creativa.
O polifacético artista SEKONE ( http://ssssekone.tumblr.com/ ), impartirá un master class sobre o REALISMO NO GRAFFITI, na que se emprazará ao alumno/a a realizar unha obra propia co asesoramento do artista. 
O PRAZO DE INSCRICIÓN REMATA O DOMINGO 6 DE AGOSTO. 
A asistencia é GRATUÍTA ata rematar prazas (só 8 prazas). Segue as instruccións que aparecen a continuación e INSCRÍBETE. 
----------------------------------------------------------- 
Esta actividade está pensada e vai dirixida a un público obxectivo relacionado coas artes plásticas, que teña algún tipo de experiencia, formación ou relación coa arte.
- LUGAR: Ordes (enderezo por confirmar)
- DATAS: 9 e 10 de agosto
- HORARIOS: De 10:00 h a 14:00 h e de 16:00 h. a 20:00 h.
- MATRÍCULA: Inscrición gratuíta ata cubrir prazas (8 prazas)
- PRAZO DE INSCRICIÓN: ata o domingo 6 de agosto. 
----------------------------------------------------------- 
INSCRICIÓN:
- Os/as interesados/as enviar un email a esta dirección de correo: desordes@mutantecreativo.com 
INDICANDO OS SEGUINTES DATOS:
- MASTER CLASS: “ Realismo no graffiti ”
- NOME E APELIDOS
- IDADE
- TELÉFONO e EMAIL
- FORMACIÓN
( Experiencia profesional, estudos relacionados, cursos, etc)
- PORTFOLIO ADXUNTO OU LINK AO TEU PORTFOLIO/WEB/BLOG ou similar

viernes, 21 de julio de 2017

Aqui están os carteis dos inminentes DESORDES CREATIVAS e SONORAS! Arte e Música na rúa!! 
Con muralismo, instalacións, concertos, master classes, seminarios, roteiros e exhibicións! 

Cos artistas EricailcaneSpY-urbanXoana Almar, BastardillaSaturnoart, Carlos Goma, Javier Abarca,  Miguel Ruiz aka Sekone,  Miguel Peralta aka Nömada na parte artística e as bandas Los BengalaIGMIG, Xenderal, Santiuve & Da Zoo Bros e Bigote Mix na parte musical! 

Do 7 ao 13 de Agosto, Ordes ( A Coruña ). Pronto o desglose de toda a programación!!



lunes, 17 de julio de 2017

DesOrdes Creativas 2017 e Video Resumo da edición 2016.


O vindeiro DesOrdes Creativas está ao chegar! Será do 7 ao 13 de agosto de 2017
E este ano cúmprense xa 10 anos de festival. 
Moi pronto anunciaremos toda a programación desta 10ª edición, na que contaremos coa realización de varios murais, master classes, conferencias, sesión vermú, concertos, roteiro... Estade atentos! 
Aquí podedes ver o video resumo da pasada edición 2016, obra do artista audiovisual A.L.Crego ( http://alcrego.tumblr.com )