SOBRE NÓS / ABOUT US



**DESORDES CREATIVAS 2016**

Festival Internacional de Arte na Rúa / International Urban Art Festival

ORDES / Do 26 de Setembro ao 2 de Outubro / From the 26th of september to 2nd of Ocotber / 2016

ARTISTAS CONVIDADOS:
YOSEBA MP (Galiza)
ALEGRÍA DEL PRADO ( México / España )
BORONDO ( España )
BOSOLETTI ( Arxentina )
A.L.CREGO (Galiza)
NÖ3L (Galiza)
MUTANTE CREATIVO (Galiza)

Ademáis este ano completamos a programación con máis ACTIVIDADES PARALELAS:

1ª FEIRA DA CREATIVIDADE: (1-2 Outubro)
Durante o sábado 1 e o domingo 2 terá lugar a I Feira da Creatividade no Parque Municipal, onde se exporá e compartirá as distintas disciplinas artísticas e creativas que se están a desenrolar na comarca e o público poderá coñecer de primeira man os diversos traballos e creacións que se están a xerar no eidos da Arquitectura, Artes plásticas, Deseño, Literatura, Música, Nova artesanía, Tecnoloxía. 

OBRADOIROS (29 Set / 30 Set e 1 Out)
Durante as xornadas do xoves 29, venres 30 e sábado 1 terá lugar o obradoiro participativo titulado "Introducción á pintura e adaptación ao mobiliario urbano" impartido polo artista urbano e ilustrador NÖ3Lno que se achegará aos alumnos participantes as distintas técnicas de pintura mural adaptada ao formato concreto de contenedores de vidro: utilización do aerosol, composición e tradución do papel ao soporte a útilizar, uso das cores pigmentos,etc..

CONCERTOS (Sábado 1 outubro)
E como non todo é currar..!! Tamén teremos unha noite de DÍA DE FESTA o sábado 1 de Outubro dentro da Feira da Creatividade no propio parque municipal, con sesión vermú, música en directo e dj´s.


SOBRE O FESTIVAL / ABOUT THE FESTIVAL:

DesOrdes Creativas é un festival internacional de arte na rúa que se celebra cada ano en Ordes ( A Coruña - Galiza - Spain) e que reúne en cada edición a unha coidada selección de artistas do millor do panorama galego, estatal e internacional. 
O Festival actúa como unha eficaz ferramenta de rexeneración urbana e diálogo social, que convirte vellos espazos en desuso ou abandoados en novos lugares cheos de vida e cor pra o desfrute colectivo. Un grande museo público e gratuíto a ceo aberto.

-----------------------------------------------------

DesOrdes Creativas is an international urban art festival celebrated annually in Ordes (A Coruña - Gz - Spain). Each year the festival brings in Ordes to a selection of the best street artists of the Gallician scene, spanish and international.
The festival acts as a tool for urban regeneration and social dialogue. It contributes to urban regeneration by turning old buildings into new and colourful spaces for everybody’s enjoyment. A big and public open-air museum!


SOBRE NÓS / ABOUT US:

Este evento é unha iniciativa independente, autoxestionada e sen ánimo de lucro, desenrolada pola Asociación Cultural sen ánimo de lucro Cultivarte e o estudio creativo Mutante.

O festival lévase a cabo cada ano froito da sensibilidade, do esforzo e o amor incondicional de tódolos seus membros, dos seus colaboradores e do traballo altruísta de tódolos artistas que teñen participado ata o de agora.

------------------------------------------------------

The event is an independent and non-profit initiative developed by the association Cultivarte and the creative studio Mutante.

Your love, the one of every artist and the people that work together for street art is what make it possible and without your unselfish effort it wouldn’t exist.